Ensino, subcampión pese a caer en Vigo, organizará a Final Four de júnior feminino

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

MIGUEL LÓPEZ – Ensino

“A pesar de la derrota hicimos muchas cosas bien. Tanto Juan como yo creemos mucho en estas chicas y este partido nos servirá de cara al futuro”

CELTA 87 – ENSINO 63

O Durán Maquinaria Ensino alzouse co subcampeonato da Liga Galega júnior feminina pese a perder na pista do campión, un Celta de Vigo que terminará a competición con pleno de vitorias.
A derrota de Estudiantes ante Bosco propiciou que, a falta de dúas xornadas, o Ensino xa empezou a preparar os play off nos que serán cabeza de serie e organizador. Unha cita na que estará en xogo unha praza para o Campionato de España júnior feminino e no que se medirán seguro, con Peleteiro e Estudiantes, mentres que a cuarta praza aínda está no aire e será para Rosalía, Bosco ou Compañía de María.
A primeira derrota do Durán Maquinaria Ensino neste 2018 chegou na pista do intratable Celta de Vigo, nun partido disputado de poder a poder no tramo inicial pero desnivelado polas locais co paso dos minutos, nos que exhibiron o seu fondo de armario cunhas rotacións espectaculares.
O 20-16 do primeiro parcial reflectiu a igualdade inicial, mentres que no segundo cuarto, 24-16, a efectividade local eclipsou o bo xogo e a loita por cada balón do Ensino.
O cansanzo físico empezou a ser determinante na segunda parte, na que as rotacións do Celta mantiveron un nivel de esixencia moi difícil de igualar. Pese a iso, Ensino nunca baixou os brazos, 18-14 no terceiro cuarto, e encarou o último competindo ante o mellor equipo da competición.
Ao final, no último parcial, 25-17. o Celta certificou a vitoria, máis avultada do que se viu na pista, pero coa que o Ensino alzouse co subcampeonato da Liga Galega.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu