O Ensino segue afinando a posta a punto de cara aos play offs

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

MIGUEL LÓPEZ – Ensino

“Partido cómodo en el que todas las jugadoras aportaron al equipo con su trabajo”

ENSINO 83 – CORTEGADA 35

O Durán Maquinaria Ensino despediu a Liga regular como local ante Cortegada, nun partido no que as lucenses demostraron que chegarán á final four, que organizarán como subcampeoas de Liga, nun gran estado de forma.
O vendaval ofensivo arroiou ás visitantes desde os primeiros minutos, 23-13 no primeiro cuarto, co que o Ensino tomou as rendas no marcador. No segundo parcial as lucenses xogaron a roubar e anotar en rápidas transicións, pero cando non o conseguían viron aro tamén con felicidade con tiros exteriores. Neste apartado Silvia estivo especialmente acertada e terminou o encontro con 30 puntos.
Ao descanso o marcador era de 44-20, pero lonxe de baixar o nivel de acerto, no terceiro parcial o Durán Maquinaria Ensino anotou practicamente todo o que tirou, 32 puntos en dez minutos para deixar o encontro completamente sentenciado.
Ao final, vitoria clara e contundente antes de viaxar a Pontevedra para medirse con Arxil na última xornada da Liga Regular, xa que os próximos encontros en Lugo serán nos play off nos que o Ensino buscará unha praza no Campionato de España júnior feminino.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu