O Ensino sacou o billete para a segunda fase

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

AIGOR ROMO – Ensino

“Victoria muy trabajada, en la que destaco la entrega de todas mis jugadoras”

ENSINO 70 – MARISTAS 37

O Cafés Candelas Ensino certificou ante Maristas Coruña o primeiro obxectivo da tempada, que non era outro que clasificarse para a segunda fase na que os oito mellores equipos cadete feminino veranse as caras co premio engadido de que o campión e o subcampeón acudirán ao campionato de España cadete.
A falta de dúas xornadas o conxunto que dirixe Aigor Romo aínda pode ser campión de grupo, algo que tería un valor máis aló da clasificación, xa que ao disputarse a segunda fase baixo sistema olímpico contarían os resultados directos desta primeira fase, e na última xornada aínda queda un derbi ante Estudiantes que disputar.
Ante Maristas no Anexo, o Ensino xogou unha primeira parte moi completa na que deixou visto para sentenza o encontro. As lucenses estiveron a un gran nivel tanto en defensa como en ataque desde o inicio, e iso viuse reflectido no marcador cun primeiro parcial de 20-9.
No segundo continuou o goteo de puntos, asinando 22 neste cuarto para chegar ao descanso con 42-24.
Lonxe de acomodarse na segunda parte o Ensino, grazas ao seu bo xogo, levou a diferenza por encima dos trinta puntos ao longo do terceiro cuarto. A partir de aí relaxáronse un pouco como é lóxico, pero nos últimos dez minutos volvéronse poñer o mono de traballo en defensa e deixaron ás herculinas en tan só 4 puntos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu