O Ensino quédase só na caza e captura de Rosalía

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

Tras impoñerse no duelo directo pola segunda praza a bbca nun partido que as lucenses dominaron en gran parte para así xestionar a renda adquirida no treito final

O Cafés Candelas Ensino despediu o 2018 ao grande tras impoñerse en Ferrol a BBCA nun duelo directo polo segundo posto da Liga Galega cadete feminina. Ambos equipos chegaban á cita con cinco vitorias e dúas derrotas, a unha do líder, Rosalía, que gañou con autoridade a Maristas Coruña nesta xornada, polo que o conxunto de Adrián González, pese a contar unha vez máis coa sensible ausencia de Maite Franco, quédase só na loita por alcanzar o liderado deste grupo Norte.
Desde os primeiros minutos o Esnino impuxo un listón moi alto en defensa, e aínda que faltou algo de creatividade en ataque tomaron o mando no marcador cun primeiro parcial de 13-17. No segundo cuarto continuou o bo traballo defensivo e as porcentaxes de acerto en ataque foron máis altas co que o Ensino despegou no marcador cun segundo parcial de 9-19 para chegar ao descanso con 22-36.
A segunda parte comezou cun 0-7 co que o Ensino conseguiu un máis 21 de máxima diferenza con apenas un cuarto de hora por diante.
BBCA tirou de carácter, endureceu o partido e cortou a sangría, pero o Esnino xa fixera gran parte do traballo.
A base de traballo colectivo as lucenses souberon administrar a renda ante a insistencia local por meterse na loita polo partido, e saíron de Ferrol co segundo posto en solitario pese ao 22-14 dos últimos dez minutos de xogo, no único parcial que perdeu o Ensino neste duelo de alturas.
Tralo parón de Nadal a competición renovarase cun partido ao grande, xa que Instituto Rosalía Pío XII, líder da Liga, visita o Anexo nun duelo directo co primeiro posto en xogo en Lugo.

“Gran partido del equipo durante los primeros 24 minutos. Felicito a mis jugadoras por el gran trabajo realizado”ADRIÁN GONZÁLEZ Cafés Candelas Ensino

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu