O Ensino puxo rumbo a Huelva no que será o seu terceiro Campionato de España consecutivo

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

MIGUEL LÓPEZ – Ensino

“Ha sido una final four fantástica con un final feliz que nos lleva al Campeonato de España de Clubes. Cuando peor se nos pusieron las cosas nuestra afición nos dio un empujón hacia delante, y ahora nos toca disfrutarlo juntos. Enhorabuena a las chicas, a sus familiares, al club, a nuestros entrenadores y sobre todo al capitán de este barco; Juan Nécega”

ENSINO 76 – ROSALÍA 61

ENSINO 62 – PELETEIRO 52

O Durán Maquinaria Ensino estará no terceiro Campionato de España consecutivo, xa que tras San Sebastián e A Mariña Lucense chega a quenda Huelva. Un destino final ao que se chega cumprindo o guión previsto.
O primeiro posto da Liga Galega quedou claro desde pretemporada que sería para o Celta, tras exhibirse na Copa Galicia. A partir de aí a mirada estaba nesta Final Four, e a atención posta na proxección das xogadoras. Casos como o de Núria e Esther, que irán a Huelva polo camiño máis longo, pasando antes por Valencia co primeiro equipo.
O Ensino certificou o subcampeonato e a lóxica cumpriuse. Os play off disputáronse en Lugo, con Estudiantes tamén clasificado. A final lucense do ano pasado non se puido repetir, pero o Ensino plantouse nela tras impoñerse a Rosalía con autoridade.
Na final volvíanse a medir con Peleteiro, ante o que fai dúas tempadas en Santiago selaron o pase para San Sebastián. Nesta ocasión xogábase en casa, e as compostelás sen unha tal Branca Millán, pero deron guerra de igual modo sen descolgarse nunca, polo que o Ensino tivo que desnivelar a balanza e selar o pasaporte para Huelva na recta final do encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu