Un Ensino en plena forma recibirá a próxima xornada a Peleteiro

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

JUAN NÉCEGA – Ensino

“Estuvimos por delante en el marcador todo el encuentro y afortunadamente con ventajas que nos daban tranquilidad”

MARISTAS 47 – ENSINO 95

O Durán Maquinaria Ensino mantén o paso firme na Liga Galega júnior feminina cara ao segundo posto, que lle permitiría ser cabeza de serie e organizar os play off nos que estaría en xogo unha praza no Campionato de España. Gran parte desas opcións pasan polo próximo encontro no que as de Juan Nécega reciben a Peleteiro. De gañar, terían un colchón de tres vitorias a falta de catro encontros para o final da Liga regular.
Ante Maristas, as lucenses afinaron a súa posta a punto e o punto de mira, con tres xogadoras por encima dos vinte puntos nun encontro no que non estivo Esther Castedo.
O 7-22 co que finalizou o primeiro parcial puxo terra polo medio nun marcador que se foi ampliando co paso dos minutos ata o definitivo 47-95 co que finalizou o encontro na Coruña.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu