O Ensino cadete plantoulle cara ao Celta durante toda a primeira parte

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

AIGOR ROMO – Ensino

“Orgulloso del nivel y el carácter ofrecido por mis jugadoras a lo largo del encuentro”

CELTA 69 – ENSINO 50

O Cafés Candelas Ensino saíu de Vigo coa cabeza alta tras poñer en apretos, sobre todo ao comezo do encontro, ao gran favorito para alzarse co título galego, o Celta de Vigo.
Os primeiros dez minutos das lucenses foron sencillamente espectaculares, nos que lle endosaron un primeiro parcial de 10-17 a todo un Celta. Xa no segundo parcial as locais reaccionaron, pero atopáronse un sólido Ensino que se mantivo á boia e ata chegou por diante no marcador ao descanso, 29-32, pero coa sensación de que o partido podíase facer demasiado longo pola maior rotación das viguesas e sobre todo polo seu maior físico.
Tralo intermedio o Celta mantivo o listón de intensidade e ata o subiu por momentos, algo que o Ensino, pese a dalo todo na pista, non puido igualar. Cun físico espectacular, o Celta deulle a volta ao marcador con autoridade, 21-8 no terceiro cuarto que deixaba ao Ensino a dez puntos de cara aos últimos dez minutos de xogo.
Con moitísimo cansazo acumulado o Ensino chegou con vida ao tramo final, no que os tiros non entraron polo desgaste e o Celta levou o marcador ata o avultado e excesivo 69-50.
Na próxima xornada o Ensino recibirá a Bosco nun duelo directo polos play off.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu