O Ensino perdeu a súa condición de invicto ante Peleteiro

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

AIGOR ROMO – Ensino

“Partido para meditar y del que debemos aprender”

ENSINO 61 – PELETEIRO 67

O Cafés Candeas Ensino perdeu o seu primeiro encontro da tempada tras verse sorprendido no Anexo por un Peleteiro máis enchufado desde os primeiros minutos, polo que a reacción das lucenses na segunda parte non foi suficiente.
Ensino afrontou cun exceso de relaxación o encontro, sobre todo en defensa, polo que non puido realizar o seu o xogo vertical e de rápidas transicións co que se atopan cómodas tras roubos de balón.
O 12-16 do primeiro parcial parecía anecdótico, xa que se esperaba unha inminente reacción por parte do Ensino. Esta chegou, pero tan só en defensa. As de Aigor Romo centraron toda a súa atención en defender máis intensas e por momentos se esqueceron de atacar, cometendo demasiadas imprecisións que se viron reflectidas no marcador cun segundo parcial de 4-13 que deixaba o resultado en 18-29 ao descanso.
No intermedio centráronse no partido e melloraron en defensa e en ataque aínda que se atoparon cun Peleteiro moi acertado desde o exterior. Ao último cuarto chegouse con 34-49, pero lonxe de baixar os brazos, Ensino recuperou a súa mellor versión, aínda que xa sen tempo para poder loitar pola vitoria pese a impoñerse neste último parcial por 26-18.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu