O Ensino non escatimou esforzos pese á derrota final

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Ensino

“Pese al resultado y los malos porcentajes en el tiro, no tengo nada que reprocharle a mis jugadoras en este encuentro”

ENSINO 32 – MARISTAS 53

O Cafés Candelas Ensino cedeu ante Maristas nun partido condicionado pola superioridade física das herculinas. Pese a iso, as lucenses loitaron por cada posesión aínda que en ataque as porcentaxes de acerto evitaron que estivesen máis cerca no marcador.
O Ensino tivo que remar contracorrente, xa que o encontro empezou cun 0-8 de parcial. Tras un tempo morto as lucenses deron un paso á fronte para pechar os primeiros dez minutos con 6-10.
O segundo cuarto foi moi bo por parte do Ensino, mellor en practicamente todos os aspectos do xogo ante un Maristas que viviu das perdas de balón.
Ao descanso chegouse con 18-23, e na segunda parte o físico gañou moito protagonismo nun partido que o Ensino competiu en todo momento á marxe do que indicaba o marcador.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu