Ensino no deu opcións a Arxil cun parcial inicial de 19-0

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

MIGUEL LÓPEZ – Ensino

Victoria con muchos puntos que le dedicamos a nuestra jugadora Silvia Ferreiros en el día de su cumpleaños!

ENSINO 94 – ARXIL 47

O Durán Maquinaria Ensino non concedeu ningunha opción a Arxil no Pazo, onde as lucenses puxeron terra polo medio desde os primeiros minutos cun parcial inicial de 19-0.
A intensidade defensiva foi clave, xa que xenerou moitos roubos de balón e canastras fáciles á contra. Coa relaxación propiciada pola diferenza no marcador, viuse un segundo parcial máis disputado, 22-17.
Tralo descanso o Ensino volveu a un gran nivel, similar ao do primeiro cuarto, con moita intensidade defensiva, dominando o rebote e saíndo en rápidas transicións. Ata cando o ataque era estático, as lucenses anotaron con fluidez, asinando un 23-12 tralo paso polos vestuarios.
Nos últimos dez minutos Arxil baixou os brazos ante a superioridade lucense, cun partido moi completo do quinteto inicial e especialmente da cadete Nuria Bermúdez, que se foi ata os 17 puntos.
Na próxima xornada, a primeira da segunda volta, Ensino pode dar un salto de calidade cara ao segundo posto no derbi capitalino ante Estudiantes. Un encontro que se aprazou ata o vindeiro mércores día 31 ás 20:30 horas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu