O Ensino medra en Porriño

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

De menos a máis  tras un madrugón e unha viaxe longa

O Durán Maquinaria Ensino segue crecendo en sensacións tras asinar un bo partido en liñas xerais en Porriño. Un partido que comezou moito antes do salto inicial, xa que estivo marcado polo horario de comezo, ás 12:00 da mañá en Porriño, o que obrigou a realizar unha longa viaxe que se iniciou moi pronto.
Con todo iso ás de Miguel López custoulles un pouco meterse en dinámica de partido nos primeiros minutos, con moitos lanzamentos pero con pouco acerto, 11-12.
No segundo parcial os tiros empezaron a entrar con certa facilidade. A defensa foi moi boa xa que ademais de secar ao seu rival propiciou roubos de balón e canastras fáciles á contra, 10-28 no segundo cuarto para chegar ao descanso con 21-40.
Na segunda parte Ensino continuou cun bo ton defensivo, polo que foi ampliando a diferenza co paso dos minutos ata chegar a exhibirse no tiro exterior no último parcial.

“Ha sido un partido dinámico, con ritmo y divertido en el que todas las jugadoras han dado un paso al frente” MIGUEL LÓPEZ  Durán Maquinaria Ensino

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu