O Ensino mantén o pleno de vitorias tras impoñerse no derbi capitalino

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal grande

AIGOR ROMO – Ensino

” Partido trabajado desde el primer hasta el último minuto”

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“A seguir trabajando, que es en lo que tenemos que centrarnos ganemos o perdamos. Enhorabuena al Ensino la victoria”

ENSINO 62 – ESTUDIANTES 58

O Cafés Candelas Ensino mantén impecable a súa folla de ruta na Liga Galega cadete feminina, na que o conxunto que dirixe Aigor Romo suma por vitorias os seis encontros disputados. O último, ante Estudiantes nun disputado derbi capitalino no que o baloncesto lucense volveu saír gañando.
O encontro empezou de forma frenética, cos dous equipos atopando vías para anotar con facilidade e tomando Estudiantes as primeiras vantaxes no marcador, 17-20.
No segundo, as defensas endureceron o seu xogo e Maite empezou a imprimirlle ao derbi o ritmo que mais lle interesaba ao Ensino, que se anotou este segundo parcial cun 12-9 co que se chegou ao descanso con empate a 29.
Tralo descanso o Ensino foi mellor e secou a Estudiantes cunha presión zonal atrás, pechando liñas de pase para roubar balóns e saír en rápidas transicións coas que foron gañando en confianza á vez que poñían terra polo medio no marcador cun terceiro parcial de 17-11.
Estudiantes aproveitaba a súa maior envergadura para dominar o rebote ofensivo, e grazas a iso mantiveron as opcións ata o final.
Con máis seis para o Ensino chegouse aos últimos dez minutos, nos que o conxunto celeste vendeu cara a derrota e loitou pola remontada, pero o Ensino tivo a cabeza máis fría e controlou mellor as pulsacións nos minutos finais para impoñerse por un axustado 62-58.
O Cafés Candelas Ensino lidera a clasificación con seis vitorias e ningunha derrota, seguido por Rosalía con cinco vitorias e dúas derrotas e Estudiantes, con catro vitorias e dúas derrotas. As de Aigor Romo teñen dobre cita antes de final de ano, xa que se medirán na Coruña con Maristas a próxima fin de semana e despedirán o 2017 en casa ante Peleteiro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu