O Porta XI levouse o derbi ante o Viveiro e o Ribadeo acusou a posta en escena

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

PORTA XI ENSINO 58 – CB VIVEIRO 34

CB RIBADEO 37 – BBCA 51

 

Porta XI Ensino e Viveiro medíronse no derbi da xornada na Segunda División júnior feminina, competición na que descansou Sarria, mentres que Ribadeo recibiu a BBCA.
Ambos encontros quedaron marcados polos primeiros minutos. No derbi, o Porta XI puxo terra polo medio no marcador cun gran primeiro cuarto, 18-6, no que impuxeron un ritmo moi alto e dominaron o xogo interior, A mesma dinámica repetiuse no segundo parcial, polo que a diferenza foise ata os 18 puntos co 29-11 co que rematou a primeira parte.
Tralo descanso o ataque mariñao foi máis fluído e puido recortar distancias, pero o Ensino mantivo o seu goteo de puntos ao anotar todas as xogadoras que participaron nun derbi de dominio capitalino.
Os primeiros minutos volveron ser o talón de Aquiles do Ribadeo, Nesta ocasión ante BBCA, un dos mellores equipos da competición, que endosou un primeiro parcial de 5-20 ás mariñás.
A partir de aí, todo foi remar contracorrente. Unha intensa charla de Jose coas súas xogadoras fixo que Ribadeo reaccionase e da man de Aldara, espectacular, asinaron un parcial de 15-9 que deixaba o marcador en 20-29 ao descanso.
Na segunda parte Ribadeo competiu de poder a poder, con fases nas que se viu un gran baloncesto no terceiro cuarto, mentres que no último, as defensas impuxéronse aos ataques, 4-7, nun partido no que, á marxe do primeiro cuarto, Ribadeo impúxose por un punto no global dos outros tres con Aldara ao mando pese a que a base infantil xoga contra rivais catro anos maiores que ela.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu