O Ensino cadete , á expectativa e coa mirada no derbi

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

AIGOR ROMO – Ensino

“Felicito a todas mis jugadoras por el trabajo y el juego en equipo”

ENSINO 71 – BBCA 67

O Cafés Candelas Ensino afrontará unha das semanas máis decisivas da tempada condicionado polas ausencias de cara ao derbi do próximo domingo no que se medirán con Estudiantes.
Antes, terán un ollo posto no que suceda en Santiago onde se miden os seus dous perseguidores, Rosalía e Estudiantes.
Todas as opcións de ser campioas do Grupo Norte pasaban por impoñerse a BBCA no Anexo, e as de Aigor Romo cumpriron.
O encontro empezou de poder a poder, 16-16 no primeiro parcial, mentres que no segundo, aínda que as sensacións eran mellores por parte do Ensino, as visitantes mantivéronse na loita ao aproveitar os erros das lucenses, 35-33 ao descanso.
Na segunda parte, o Ensino corrixiu as lagoas da primeira, pero o seu rival atopou novas vías para anotar e, aos últimos dez minutos chegouse con empate no marcador.
No momento máis complicado, o Ensino soubo xogar coa cabeza fría, impuxo o ritmo que máis lle interesaba e conseguiu alzarse cunha vitoria clave para chegar ao derbi da última xornada con opcións de título zonal.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu