O Ensino empeza a recoller os froitos coa súa primeira vitoria

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Ensino

“Una gran segunda parte que fue el reflejo real del gran trabajo realizado a lo largo de la semana”

ENSINO 62 – ROSALÍA 38

O Cafés Candelas Ensino estreou a súa conta de vitorias esta tempada tras impoñerse a Rosalía, un duelo que o conxunto que dirixe Adrián González empezou a gañar ao longo da semana con adestramentos de moita calidade.
Coas ideas claras dende o inicio, o Ensino tomou o mando no marcador grazas á intensidade defensiva e a dominar o rebote, mentres que en ataque ademais de correr ben ao contraataque, tamén sacaron vantaxes no cinco para cinco.
O primeiro parcial finalizou con 15-9, mentres que no segundo as visitantes recortaron distancias ao aproveitar un baixón de intensidade defensiva local.
Ao descanso se chegou con 28-26, pero por diante quedaban 20 minutos nos que o Ensino xogou un gran baloncesto.
Na segunda parte deixaron a Rosalía en tan só 12 puntos grazas a unha intensa defensa que propiciou moitos roubos de balón e á claridade á hora de atacar, asinando 34 puntos nos dous últimos cuartos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu