O Ensino despegou tralo primeiro parcial para facerse coa vitoria

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

JUAN NÉCEGA – Ensino

“Buen comiezo de año del equipo después de estar mucho tiempo sin competir”

CLB 34 – ENSINO 73

O Durán Maquinaria Ensino volveu á competición ao grande tras impoñerse en Vilagarcía tras un longo tempo sen competir na Liga Galega júnior feminina.
O parón, de practicamente un mes, notouse sobre todo ao comezo do encontro no que as locais estiveron máis intensas e dominaron o rebote. Todo iso viuse reflectido no marcador ao pecharse o primeiro cuarto cun axustado 14-17.
A partir de aí, o Ensino empezou a meterse de cheo no partido, con Marina dominando a pintura para despegar no marcador cun segundo parcial de 6-18 que deixaba a diferenza en 15 puntos ao descanso, 20-35.
Ao Ensino volveulle a custar meterse en dinámica de partido tralo descanso, pero nesta ocasión as lucenses tardaron moi pouco en enderezar o rumbo, e cun novo parcial a favor no terceiro cuarto, 6-19, despegaron no electrónico.
Nos últimos dez minutos, con diferenzas por encima dos 30 puntos, o Ensino deixou pasar o tempo sen facer demasiado sangue nun partido xa sentenciado.
Na próxima xornada as de Juan Nécega continuarán afinando a súa posta a punto ante un rival da zona baixa, Arxil, á espera dos duelos directos nos que as lucenses buscarán a segunda praza para ser cabezas de serie nos play off por un posto no próximo Campionato de España júnior feminino.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu