O Ensino despediuse do Anexo pola porta grande

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Ensino

“Disputamos un partido completo y en el que supimos sufrir”

ENSINO 56 – CARMELITAS 38

O Cafés Candelas Ensino despediuse ao grande do Anexo esta tempada ao impoñerse no seu último encontro como local na Liga Galega infantil feminina a Carmelitas. O encontro foi duro, pero o Ensino foi moi fiable.
As lucenses loitaron por cada balón con intensidade desde o inicio, e atoparon solucións en ataque ante unha defensa rival moi pechada. Primeiro con boa circulación de balón que propiciaba tiros cómodos, aínda que as porcentaxes non fosen moi altas, 8-10 no primeiro parcial. Mentres que no segundo as lucenses imprimíronlle unha marcha máis ao xogo para sacar vantaxes e ampliar con iso a diferenza ata o 21-16 co que se chegou ao descanso.
A confianza foi crecendo co paso do partido e con ela as porcentaxes de acerto. Ensino pechou o rebote e puido correr, asinando un gran terceiro parcial, 19-12.
Xa nos últimos dez minutos as de Adrián González conseguiron o máis difícil, manter o listón de intensidade, loitando por cada balón, facéndose fortes na pintura para saír rápido e manter baixo control a un Carmelitas incapaz de recortar distancias no marcador.
Un último parcial de 16-10 deixou o definitivo 56-38 no electrónico tras un encontro no que o Ensino despediuse esta tempada do Anexo pola porta grande e con boas sensacións.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu