O Ensino desfondouse no treito final

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Ensino

“Un gran partido durante treinta y cuatro minutos, un desastre final”

PBB 61 – ENSINO 37

O Cafés Candelas Ensino morreu ás portas da remontada en Porriño, tras un encontro no que empezou con dominio local, que continuou con reacción lucense e que se decidiu no último parcial cunha autoridade desmesurada por parte de PBB.
Ata entón ao Ensino custoulle entrar en dinámica de xogo, desacertadas as de Adrián González no tiro e con lagoas defensivas que aos poucos foron corrixindo.
No segundo parcial as sensacións empezaron a mellorar. O Ensino creceu desde a defensa e foise ao descanso con moral de cara á segunda parte do encontro.
Tralo paso polos vestiarios viuse a mellor versión dun Ensino que subiu as porcentaxes de acerto no tiro e que puxo o listón defensivo moi alto. Todo iso viuse reflectido no marcador cun parcial a favor que deixaba a vantaxe de Porriño en tan só dous puntos de cara aos últimos dez minutos.
A sensación era de que o partido se decidiría en pequenos detalles, pero chegando ao ecuador do último cuarto o Ensino desconectouse por completo do encontro e Porriño aproveitouno e cun parcial final de 16-0.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu