O Ensino deixa o listón moi alto

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

Despediron o 2018 cunha contundente vitoria nun ano espectacular

O Durán Maquinaria Ensino despediu o 2018 ao grande, cunha contundente vitoria ante Estudiantes Pontevedra nun partido dominado con autoridade e no que todas as xogadoras que participaron aportaron tanto en defensa como en ataque con puntos.
O conxunto de Miguel López impuxo un ritmo moi alto desde os primeiros minutos, demostrando que a inactividade das últimas semanas compensouse con adestramentos de calidade. Deste xeito tomaron as rendas do marcador desde os primeiros compases do xogo cun primeiro parcial de 22-9.
Con todo, a mellor versión aínda estaba por chegar e chegou no segundo cuarto, no que o Ensino varreu da pista ao seu rival despregando un baloncesto de moito nivel defensivo e anotando desde todas as posicións, polo que cun segundo parcial de 33-12 levaron o marcador ata 55-21 ao descanso.
A vantaxe propiciou unha certa relaxación ao comezo da segunda parte, 8-16, pero nos últimos dez minutos recuperouse a normalidade nun partido cun ritmo de xogo moi alto e no que o Ensino cargou o depósito de confianza, algo que deben manter no parón de Nadal xa que o inicio de 2019 preséntase do máis esixente con Rosalía e Estudiantes como primeiros rivais.

“Los resultados nos podrán acompañar o no, pero las ganas y capacidad de trabajo de estas chicas es insuperable” MIGUEL LÓPEZ Durán Maquinaria Ensino

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu