O Ensino júnior conta por vitorias os partidos disputados no 2018

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

MIGUEL LÓPEZ – Ensino

“Victoria muy trabajada por parte de todo el equipo”

ENSINO 83 – ROSALÍA 70

O Durán Maquinaria Ensino imita ao primeiro equipo que compite na Liga Feminina 2, xa que como elas, non coñecen a derrota en todo o que vai de 2018. As sénior puxeron rumbo fixo cara os play off, e as júnior tamén, asestando un novo golpe de autoridade ante o que a día de hoxe sería o seu rival na loita por un posto na final.
As lucenses aínda teñen que recibir a Peleteiro e visitar ao líder invicto, o Celta de Vigo, pero a súa posta a punto segue encarada a facerse co segundo posto, ser anfitrionas nos play off e lograr o pase para o terceiro Campionato de España consecutivo.
O alto ritmo desde os primeiros minutos e o acerto por parte dos dous equipos, cun bo baloncesto, fixo que se vise unha primeira parte de poder a poder, 18-19 e 23-14 nos dous primeiros parciais, marcados polo dominio de Marina na pintura, onde reboteou e anotou con moita xerarquía.
Tralo descanso o Ensino quixo poñer terra polo medio con acerto no tiro exterior, e cando non anotaba Marina sacaba proveito con rebote, canastra ou falta..
Con 14 arriba chegouse ao último parcial, controlado polo Ensino, pero no que o acerto no triplo das compostelás maquillou o marcador final, que se quedou en 13 puntos, 83-70.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu