Ensino confirma o relevo

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

O CAFÉS CANDELAS TOMA O MANDO NO BALONCESTO de formación tras superar de novo ao Celta de Vigo, vixente campión, e pon rumbo fixo cara un histórico título de Liga

ENSINO
O Cafés Candelas Ensino demostrou que a vitoria en Vigo no encontro de ida non fora froito da casualidade ou dun mal día das viguesas. Ensino volveu gañar con contundencia confirmando o cambio de mando no baloncesto júnior feminino galego e poñendo rumbo fixo ao que será un título de Liga histórico, xa que ningún equipo lucense conseguiu nunca o título galego júnior feminino.
Sen especular o máis mínimo coa diferenza conseguida no partido de ida, 50-75, e sen lamentarse pola notable ausencia da lesionada Lucía Sotelo, o Ensino saltou á pista coa intención de dar un novo golpe de autoridade e conseguiuno en tan só dez minutos.
O primeiro parcial finalizou con 25-8, exhibindo Ensino unha defensa impenetrable, con roubos de balón e acerto en ataque para deixar o partido practicamente visto para sentenza no primeiros dez minutos.
No segundo parcial a defensa lucense continuou a un bo nivel, deixando a todo un Celta de Vigo en 22 puntos ao descanso.
Con máis 21 empezou a segunda parte, unha diferenza que levou a Ensino a unha certa relaxación e iso aproveitouno o Celta para impoñerse no único dos 8 parciais que disputaron nos dous encontros, 15-17, mentres que no último cuarto os ataque impuxéronse ás defensas, xa co encontro completamente visto para sentenza co 78-57 final que deixa a Ensino o camiño despexado cara ao título de Liga.

ESTUDIANTES
O Río de Galicia volveu acariñar a vitoria ante un Costa Ártabra que, como no partido de ida no Anexo, saíu con vida ao aproveitar as perdas de balón dun Estudiantes que, por momentos, xogou un moi bo baloncesto. Especialmente na posta en escena cun primeiro parcial moi completo en ataque e defensa, 14-20, mentres que na recta final da primeira parte as celestes deixáronse parte do botín tras encadear unha serie de erros que comprimiron o marcador, 30-30, ao descanso.
A dinámica da primeira parte continuou ao comezo da segunda, coas ferrolás remontando tras aproveitar as perdas de balón dun Estudiantes que tampouco tivo boas porcentaxes no tiro para poder loitar pola vitoria no desenlace final.

2 commentsOn Ensino confirma o relevo

  • Wow, wonderful blog layout! How long have you been running a
    blog for? you made blogging look easy. The whole
    look of your web site is great, let alone the content!
    You can see similar here sklep

  • Hey! Do you know if they make any plugins to help with Search Engine
    Optimization? I’m trying to get my blog to rank for some targeted keywords but I’m not seeing very good gains.
    If you know of any please share. Cheers! You can read similar article here: Sklep online

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu