Ensino cítase ca cota máis elevada

ENSINO
O Cafés Candelas Ensino xa está en pleno camiño a Santiago, con chegada prevista o próximo sábado para citarse con Obradoiro no duelo entre primeiro e segundo clasificado. Unha cota aínda non coroada por ningún equipo nas dúas últimas tempadas pero a que esperan asaltar os de Suso Garrido nun encontro que afrontarán con pouco que perder e moito que gañar.
Para canto menos intentalo, o Ensino necesita recuperarse fisicamente, tras arrastrar varios xogadores molestias tralo derbi ante San Ciprián e xogar ante Cob varios xogadores con gripe. Todo isto fíxose notar no ritmo de partido ante COB, alto en ataque pero lexos do seu mellor nivel en defensa

ESTUDIANTES
O encontro en Tui pasou a un segundo plano completamente aos dous minutos de arrincar, momento no que o xogador celeste Brais, recibiu un golpe nunha axuda defensiva e caeu mal sobre o parqué, propiciando o golpe unha perda de consciencia do xogador lucense, que foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde permanecerá en observación durantes as próximas horas, descartando ao peche desta edición máis gravidade da conmoción tralos resultados do TAC ao que foi sometido.
Con todo isto aos dous minutos de xogo, o partido quedou completamente deslucido. Estudiantes cumpriu coa obriga de xogar pero loxicamente a concentración non era posible. Malía iso os de Adrián Gónzalez esforzáronse para adicarlle o triunfo ao seu compañeiro Brais, realizando un gran esforzo físico e mental para chegar con opcións de vitoria ao desenlace final.

SAN CIPRIÁN
Distribuciones Carreiras San Ciprián acariñou o triunfo en Vigo ante Seis do Nadal tras dispoñer dun lanzamento triplo nos últimos segundos que prácticamente se saíu de dentro.
Ata entón, os mariñaos foron de menos a máis, tras un discreto inicio de partido cun parcial inicial de 8-0 e 12-4 ao remate dos primeiros dez minutos.
No segundo parcial unha canastra de Nica e unha tripla de Dani meteron de cheo aos mariñaos no marcador chegándose ao descanso cun axustado 28-26 no marcador.
San Ciprián púxose por diante por primeira vez no ecuador do terceiro cuarto cunha canastra de Dani para o 33-34, pero Seis do Nadal volvreu aproveitar un pico de desconexión mariñao para pechar o terceiro caurto con 47-41.
No último cuarto chegou unha nova reacción de Distribuciones Carrerias San Ciprián, chegando ao último minuto con todo por decidir. Os tiros libres gañaron moita importancia pero aínda a tivo máis un tempo morto solicitado por Luis V. Fernández no que marcou dúas xogadas ensaiadas. A primeira rematou cun tiro aberto en canastra e a segunda, tamén tras conseguir un

Salir de la versión móvil