O Ensino cedeu no treito final en Santiago ante Pío XII

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Ensino

“Gran partido en todos los apartados del juego”

PÍO XII 54  – ENSINO 51

O Cafés Candelas Ensino cedeu na recta final do encontro ante Pío XII ao encaixar un último parcial de 20-8 que non empaña o bo traballo das lucenses no resto do partido.
Desde os primeiros minutos as sensacións foron boas, cargando o rebote, controlando as perdas, activas e concentradas en ataque e en defensa. Uns rexistros que se plasmaron no marcador co 10-16 co que finalizou o primeiro cuarto.
Xa no segundo o balance defensivo foi bo e as ensinistas puideron sacar vantaxes no cinco para cinco para levarse tamén o segundo parcial, 11-15, e deixar o marcador en máis 10 ao descanso, 21-31.
No terceiro cuarto as lucenses pelexaron por todos os balóns cunha gran intensidade e con moita concentración no xogo, puideron ampliar a vantaxe ata os 12 puntos cos que chegaron aos últimos dez minutos, nos que, as baixas porcentaxes de acerto no tiro libre fixeron posible a remontada local cun último parcial de 20-8 que non desloce o resto do encontro das de Adrián González.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu