O Ensino caeu en Ourense non últimos segundos

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Ensino

“Gran esfuerzo con un final inmerecido. Recordar emotivamente a Cris Seijo, quien me ha enseñado que no todo es ganar y que lo importante es disfrutar de este deporte tan increíble que es el baloncesto”

CARMELITAS 57 – ENSINO 56

O Cafés Candelas Ensino perdeu por un punto en Ourense nun encontro que se resolveu a cara ou cruz no último minuto. Ata entón, o partido disputouse de poder a poder.
Carmelitas é un equipo máis físico que o lucense, pero con concentración en ataque e intensidade defensiva o Ensino conseguiu igualar as forzas sobre a pista. O primeiro cuarto terminou con 13-9, pero o crecemento do conxunto lucense fíxose valer co paso dos minutos, asinando un segundo parcial no que pecharon o rebote e correron coas ideas claras ao contraataque para selar un 9-14 que deixaba o marcador en 22-23 ao descanso.
A igualdade mantívose na segunda parte, na que Ensino chegou con tres puntos de vantaxe aos últimos dez minutos tralo 11-13 do terceiro cuarto. As lucenses mantiveron a vantaxe ata o tramo final, pero no último minuto Carmelitas deulle a volta ao marcador, algo que non desluciu o bo traballo do Ensino.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu