O Ensino ascende ao liderado da Liga Galega

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

Gran sprint final en Santiago para impoñerse na prórroga a Peleteiro 

O Cafés Candeas Ensino ascendeu ata o máis alto da clasificación no Grupo Norte da Liga Galega cadete feminina tras impoñerse a Peleteiro nun vibrante encontro en Santiago de Compostela, no que o conxunto de Adrián Gónzalez chegou máis enteiro ao tramo final, forzou a prórroga e nela puxo rumbo fixo cara a vitoria final.
De inicio o Ensino empezou ben, anotando con fluidez, pero co paso dos minutos as perdas de balón foron minando ás lucenses, que cederon no primeiro parcial por 14-9. No segundo reinou a igualdade sobre a pista tras subir o listón de intensidade defensivo as lucenses, 11-10 para chegar ao descanso con 25-19 no marcador.
Ao comezo da segunda parte o Ensino continuou cunha boa defensa, pero custáballe moito anotar para recortar distancias no marcador, polo que cun terceiro parcial de 9-10 chegouse aos últimos cinco minutos con máis cinco para as compostelás.
Desde a defensa o Ensino continuou crecendo e forzou a prórroga cun último parcial de 10-15. No tempo extra o Cafés Candelas Ensino soltouse a melena, continuou cun gran traballo defensivo e en ataque viu aro con facilidade, dominando ambas pinturas para asaltar o liderado, compartido con BBCA á espera do que faga Instituto Rosalía no partido que ten aprazado, cun parcial de 3-11 na prórroga.

“Cuando lo dejamos todo por un objetivo, todo es más fácil” ADRIÁN GONZÁLEZ Ensino

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu