O Ensino aguantou ata o descanso a un Celta que rematou impoñéndose

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

MIGUEL LÓPEZ – Durán Maquinaria Ensino

““En la segunda parte no supimos mantener la tensión de los primeros 20 minutos. Se llevó el encuentro el equipo que más ganas tuvo hasta el final”

ENSINO 64 – CELTA 83

A maior regularidade do Celta deulle ás viguesas a vitoria no Pazo nun encontro entre os dous principais aspirantes ao título. O Ensino demostrou na primeira parte que pode competir de poder a poder co líder en solitario, pero co paso do encontro non conseguiu manter a esixencia.
O 7-2 inicial reflectía a superioridade lucense nos primeiros minutos, pero o Celta, da man de Raquel Carreira, deulle a volta ao marcador para pechar o primeiro parcial con 15-19.
A defensa en zona de Ensino no segundo cuarto deu os seus froitos e con ela conseguiron pechar o rebote e saír á contra para comprimir ao máximo o marcador ao descanso, 36-37. Pero nos segundos vinte minutos o acerto visitante desde a liña exterior e o dominio no rebote, o que lles permitiu segundas e ata terceiras opcións, desnivelou o resultado final ata o 64-86.
Ensino despedirá o ano ante Bosco o xoves en Ourense.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu