O Durán Maquinaria ten licenza para soñar en Huelva

En 1ª División, Júnior, Principal grande

MIGUEL LÓPEZ – Ensino

“Seguimos cumpliendo objetivos. Aprendiendo, mejorando y sobre todo disfrutando de esta competición”

CASABLANCO 69 – DURÁN ENSINO 61

DURÁN ENSINO 56 . P. VALLADOLID 50

O Durán Maquinaria Ensino superou por segundo ano consecutivo a fase de grupos no Campionato de España Júnior feminino. A tempada pasada as de Juan Nécega fixérono na Mariña, e este en Huelva, onde se está celebrando a reunión entre os mellores equipos nacionais.
O Ensino debutou ante Stadium Casablanca de Zaragoza, nun partido moi intenso no que gañou o equipo que mellor controlou os nervios na recta final e o que menos erros cometeu. As lucenses competiron de poder a poder baixo o mando de Esther Castedo, 20 puntos, pero as 24 perdas de balón e os 19 rebotes ofensivos de Casablanca desnivelaron o marcador ao seu favor co 69-61 final.
Xa na segunda xornada, disputada onte, o Ensino sumou a súa primeira vitoria, clave neste grupo no que pasan á seguinte rolda os tres primeiros clasificados.
O Ensino tomou o mando desde os primeiros minutos con 6 puntos de Mariña. Con todo no segundo cuarto chegou un pequeno apagón ofensivo, con tan só unha canastra nos primeiros sete minutos.
Nos peores momentos o Ensino apelou á forza do grupo para recuperarse tralo descanso, con Núria e Esther dando un paso á fronte para volver tomar as rendas no marcador ata conseguir 12 puntos no último cuarto, no que a relaxación no último minuto propiciou o axustado 56-50.
A sorpresa saltou no outro encontro de grupo, no que Casablanca impúxose a Movistar Estudantes. Este resultado deulle o pase ao Ensino, que se xoga esta mañá o segundo posto ante as madrileñas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu