O Durán Maquinaria, anfitrión e favorito para a praza no Campionato de España

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

JUAN NÉCEGA – Ensino

“Queríamos terminar la fase regular con buenas sensaciones y lo conseguimos. Ahora a por lo que viene este fin de semana”

ARXIL 41 – ENSINO 64

O Durán Maquinaria Ensino afinou a posta a punto de cara aos play off nos que, ademais de ser anfitrión tras alcanzar o subcampeonato galego, preséntanse como favoritas para alcanzar a segunda praza que queda libre para disputar o Campionato de España en Huelva.
Sen reservar nada, as de Juan Nécega impuxéronse con autoridade a Arxil cunha posta en escena brillante coa que tomaron as rendas do marcador, 13-23. A partir de aí o ritmo foi máis baixo, pero a diferenza no marcador foise ampliando co paso dos minutos ata o 23-39 co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte, un novo parcial a favor, 8-17, rompeu por completo o partido de cara a uns dez últimos minutos nos que o Ensino xa puxo toda a súa atención na final four.
Rosalía será o rival en semifinais. Un partido que se disputará o sábado no Pazo dos Deportes a partir das 18:00 horas. De gañar, a cita na final será o domingo a partir das 12:00.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu