Dúas vitorias locais e outras dúas a domicilio nesta xornada da Liga Provincial infantil

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

ESTUDIANTS 04 67 – CELTAS FOZ 54

CB SARRIA 16 – PORTA XI 66

AG ELEVADORES 34 – SAN CIPRIÁN 74

AXSC 52 – ESTUDIANTES 05 2

 

Estudiantes 04 e Celtas Foz disputaron o partido maís igualado da xornada na Liga infantil masculina. A vitoria capitalina chegou tras un encontro con dúas partes difierenciadas. Na primeira, o dominio foi do equipo visitante, superior en rebote e cunha defensa cerrada que non permitían xogadas de 1 para 1 dos locais, que incurrían en tiros precipitados cos que non atopaban a canastra. Así, o encontro chegou ao descanso con 10 puntos de vantaxe para os mariñaos tras parciais de 15-15 e 4-14. Na segunda metade, o equipo local subiu as liñas defensivas e puido correr e anotar con facilidade ante un Celtas Foz decadente en intensidade e con menos protagonismo dos seus xogadores máis decisivos. Así, Estudiantes deulle a volta ao marcador xa no terceiro cuarto e seguiu poñendo terra polo medio no derradeiro periodo.
A de Estudiantes foi a única remontada dunha quinta xornada na que Porta XI, Sagrado Corazón e San Ciprián tamén sumaron unha nova vitoria aos seus casilleiros. O equipo de Elena Fernández e Nacho Mota,que lidera o grupo, exhibiu a súa gran potencia física sacando adiante con suficiencia o partido ante AG Elevadores CB Sarria, que tamén tivo que recurrir aos alevíns Sabelo e Brais para completar a convocatoria.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu