Dúas vitorias locais e dúas a domicilio nesta xornada da liga infantil

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

SAGRADO 55 – CB CELTAS 50

ELEVADORES 38 – CIDADE 52

SANEAMIENTOS 18 – SAN CIPRIÁN 68

PORTA XI 64 – ESTU 05 13

 

O duelo na zona media da táboa entre Sagrado Corazón e CB Celtas foi o partido máis disputado da xornada na Liga infantil masculina. Sagrado Corazón entrou forte na pista poñéndose 13-2, con Dani e Samuel tomando o mando en ataque nos primeiros minutos, pero os visitantes reaccionaron e recurtaron distancias, devolvendo o partido ao equilibrio do de ida.
Con todo, Sagrado Corazón mantivo a vantaxe no marcador e foina incrementando aos poucos ata chegar ao último cuarto 15 puntos por riba. A cuarta falta de Dani, que o obrigaba a ir ao banquiño, deulle un xiro ao encontro, complicando o final para Sagrado, que viu como os visitantes se poñían a 3 puntos. Con todo, os capitalinos tiveron o temple necesario para pechar o partido cun marcador favorable.
Menos dificultade tivo o líder, Cidade, para gañar no Novo Chanto, pese a que os de Rubén Pernas fixeron un partido sobrio en defensa, que puido ser máis igualado cun pouco máis de acerto nos tiros exteriores. A unha vitoria de Cidade segue o San Ciprián, que venceu a Saneamientos CB Sarria. Porta XI logrou unha vitoria coral ante Estudiantes 05.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu