Dúas vitorias e dúas derrotas para os equipos lucenses na Segunda División junior masculina

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal

CIDADE 48 – BASKET FERROL 61

STA. MARÍA 54 – ESTUDIANTES 60

VIVEIRO 49 – LOS ROSALES 46

RIBADEO 61 – CB FERROL 67

 

Estudiantes e Carferlo Viveiro alzáronse cos triunfos, mentres que Ribadeo cedeu ante Ferrol nun partido que tiña practicamente gañado antes da prórroga. Pola súa banda Cidade de Lugo caeu no Anexo ante o líder intratable da competición, que suma por vitorias todos os seus encontros.
Os de Adrián González empezaron moi ben, intensos en defensa e con acerto en ataque, pero no segundo parcial o apagón ofensivo desencadeou nun parcial de 5-13.
Na segunda parte Cidade non escatimou unha pinga de esforzo, pero a falta de acerto evitou que puidesen loitar pola remontada.
A derrota de Ribadeo foi máis dolorosa, xa que os de Rubál mandaban no marcador na segunda parte por 45-22, pero a reacción ferrolá, a partir dunha serie de circunstancias antideportivas, fixo que o xogo cambiase e se chegase a un final igualado no que Ribadeo tivo a última posesión para gañar antes de ceder no tempo extra.
No capítulo de vitorias a de Viveiro chegou tras un disputado encontro que se decidiu no último parcial, 18-11, no que os de Carlos Novo xogaron o seu mellor baloncesto da man de Mateo Piñón.
A outra vitoria da xornada a protagonizou Estudiantes, que tras dúas derrotas volveu á senda do triunfo ante o Santa María, nun partido marcado polo 9 triplos anotados polos lucenses, especialmente un nos minutos finais, cando os locais buscaban a remontada tras poñerse a tan só dous puntos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu