O dous últimos minutos non deslocen o resto de partido de Ensino

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Ensino

“Gran partido, con un final inmerecido”

ENSINO 47 – GIRALDO 52

Giraldo levouse a vitoria do Anexo ante un Cafés Candelas Ensino que tivo controlado o encontro durante gran parte dos minutos, pero no sprint final as visitantes tiveron a fortuna de cara para desnivelar o marcador ao seu favor.
Ata entón, as lucenses foron capaces desde o inicio de atacar as debilidades do seu rival, controlar o rebote e non concederon tiros fáciles. Desde a defensa o Ensino empezou a crecer, e no segundo parcial viuse o seu mellor baloncesto.
As de Adrián Gónzalez mantiveron o ton defensivo á vez que atacaron con moita fluidez en rápidas transicións, ao manter tamén o dominio no rebote, Todo isto viuse reflectido no marcador cun segundo parcial de 17-8 co que chegaron con vantaxe ao descanso, 29-25.
A loita e a entrega continuou sendo de sobresaínte ao comezo da segunda parte, con tan só algún lunar na finalización tras conseguir claras opcións de tiro que puideron facer que as lucenses despegasen no marcador. Pese a iso, aos últimos dez minutos o Ensino chegou por diante no electrónico, 40-36.
Coas espadas en todo o alto, un par de erros puntuais ao comezo do último cuarto con perdas de balón propiciaron que Giraldo recortase distancias e que gañase en confianza, á vez que os nervios apoderáronse dun Ensino que tan só se viu superado nos dous últimos minutos nos que as visitantes mostráronse máis acertadas para levarse a vitoria.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu