Dosis de moral para Estudiantes antes da gran cita

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Muy contento por ganar este partido y llegar con buenas sensaciones a la Final Four, a la que acudimos con muchas ganas”

BOSCO 57 – ESTUDIANTES 64

Estudiantes e o Polideportivo Salesianos iniciaron unha relación que, como mínimo, espérase que sexa fiel ao longo da próxima fin de semana na que as de Fernán Varela acudirán de novo a esta pista para asinar o pase ao Campionato de España.
Bosco, como subcampeón galego, organizará a Final Four na que está en xogo a última praza para Huelva. Na última xornada da fase regular as celestes visitaron a pista na que se xogará a final a catro e fixérono da mellor forma posible, mandando unha declaración de intencións tras impoñerse 57-64 ás anfitrioas.
A esixencia física dos adestramentos con vistas á gran cita mermou un pouco ás lucenses, que estiveron a un nivel moi alto desde os primeiros minutos.
Cun parcial inicial de 8-16 tomaron as rendas do marcador, e ao descanso chegouse con 24-32.
As diferenzas mantivéronse por baixo dos dez puntos ao longo de toda a segunda parte, e no sprint final Bosco puxo todo da súa parte para darlle a volta ao marcador. Con todo, Estudiantes pegou primeiro e, como se adoita dicir, que pega primeiro pega dúas veces.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu