A dosis de fortuna necesaria non viaxou co Estudiantes cadete a Santiago

En 1ª División, 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Cadete Masculino, Principal

PABLO ABUÍN – Estudiantes Masculino

“Hemos luchado al máximo, pero no nos acompañó el acierto. Felicito a los chicos por su esfuerzo durante todo el año”

FERNÁN VARELA – Estudiantes Femenino

“Estoy muy orgulloso de todas las chicas. Ha sido un lujo haber compartido con ellas esta temporada. Muchas gracias a todas por el esfuerzo realizado”

ESTUDIANTES M. 65 – ROSALÍA 67

ROSALÍA 45 – ESTUDIANTES 42

Cruel desenlace final para os equipos cadetes de Estudiantes, que a pasada fin de semana disputaron en Santiago as súas respectivas final four nas que buscaban un posto nos campionatos de España.
Ambos compartiron o mesmo guión, quedando eliminados nas semifinais ante Marín e Rosalía respectivamente, tras dous encontros similares nos que ambos puideron gañar, pero faltoulles a pizca de fortuna que sempre é necesaria neste tipo de competicións.
Os de Pablo Abuín empezaron moi fortes cun parcial inicial de 18-10, pero a defensa zonal de Marín empezou a secar o ataque lucense, 16-20 no segundo cuarto para chegar cun axustado 34-30 ao descanso.
No terceiro cuarto Estudiantes empezou a ter serios problemas para anotar, tan só 9 puntos que propiciaron a remontada de Marín e deixaban todo aberto de cara a un último cuarto no que a pelota resistiuse a entrar para un Estudiantes que tivo opcións ata o último segundo.
Un guión similar viuse no partido do cadete feminino, no que se repetiu a igualdade que se viu nos partidos de Liga regular entre Estudiantes e Rosalía. Sen grandes diferenzas ao longo dos corenta minutos, a carga de faltas persoais foi determinante e o conxunto celeste rematou con tres expulsadas, pero loitando pola vitoria ata o último segundo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu