Dobrete do Sarria na Copa Primavera

En 2ª División, 2ª División, Infantil

Saneamientos sarria e MGR pecharon a temporada por todo o alto facéndose cos torneos na categoría feminina e masculina. Cidade de Lugo e Viveiro foron subcampións

O CB Sarria pecha a temporada por todo o alto, cos seus equipos infantís no máis alto do podio da Copa Primavera.
O conxunto feminino proclamouse campión do torneo ante Cidade de Lugo nun partido igualado. As capitalinas foron cunha pequena vantaxe de 3 puntos, pero no terceiro cuarto, nuns moi bos minutos tralo descanso, as sarriás asinaron un parcial de 11-18 que acabaría sendo definitivo no desenlace do encontro. Cidade mantívose no partido con bos contraataques pero as sarriás administraron a renda xogando con moito criterio o periodo final, buscando tiros liberados e poñendo o balón en mans das mellores xogadoras no un para un.

Masculino
O conxunto masculino mediuse na final ao Viveiro. Os dous chegaban tamén invictos á cita. Os sarriaos viñan ademais de rematar a liga con moi boas sensacións, con sete vitorias consecutivas nas últimas xornadas.
O bo estado de forma no que chegan ao final da temporada saliu a relucir no inicio do partido no que lograron un parcial de 10-0, unha vantaxe de 10 puntos que se manteria ao final do primeiro cuarto, 22-12.
No segundo periodo, as forzas equilibráronse pero o Viveiro non foi quen de recurtar distancia máis aló dos dos puntos e, tras o paso polos vestiarios, outra excepcional posta en escena do MGR Sarria, 18-8 ao final do cuarto, púxolle a sentencia ao partido e ao torneo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu