Dobre vitoria do Estudiantes no derbi ante o Ensino

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal, Principal grande

AIGOR ROMO – Ensino 

““Acusamos los numerosos contratiempos que estamos teniendo en esta dura temporada ”

FERNÁN VARELA – Estudiantes

““Ahora nos toca seguir trabajando duro de cara a la segunda fase de la temporada”

ESTUDIANTES 54 – ENSINO 40

Estudiantes e Ensino medíronse na última xornada da primeira fase na que ambos equipos conseguiron con fartura o obxectivo de clasificarse para o Galego, no que se citarán cos catro mellores equipos do grupo Sur por unha das dúas prazas para disputar o Campionato de España.
A esixencia para Estudiantes foi máxima a pasada semana, xa que se mediron a Pío XII, campión zonal, o xoves en Santiago nun encontro moi duro que se resolveu para o lado compostelán por tan só un punto. Mentres que o domingo, recibiron ao Ensino.
Un derbi marcado polas ausencias coas que o conxunto de Aigor Romo afrontou este encontro respecto ao da primeira volta, no que se impuxeran por catro puntos, 62-58. Unha renda que defendían no partido de volta, pero que Estudiantes recuperou.
Desde o primeiros minutos a defensa celeste marcou o derbi, deixando ao Ensino en tan só 8 puntos no primeiro cuarto, no que as de Fernán Varela tomaron o mando no marcador e souberon xogar coa vantaxe.
O segundo parcial foi o máis igualado, 11-11, pero o dominio no rebote en ambas pinturas dáballe sempre a iniciativa a Estudiantes, que chegou con vantaxe ao descanso, 26-18, e cun parcial de 8-0 ao comezo do terceiro cuarto foise ata os 12 puntos cos que se chegou aos últimos dez minutos 41-29.
Ensino buscou a heroica, pero as forzas non lles acompañaron e terminaron cedendo unha batalla pero prometendo dar aínda moita guerra.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu