Dobre vitoria do Estudiantes preinfantil

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino, Principal grande

ÁNGEL RIOBOO – Estudiantes

“Independientemente del resultado que hubiésemos tenido en este encuentro, estoy encantado con el trabajo diario de estos chicos”

ESTUDIANTES 73 – CULLEREDO 70

Os dous finalistas da pasada tempada da Liga Galega de minibásket volvéronse a ver as caras, por segunda vez esta tempada, na Liga Galega preinfantil, nun duelo que por desgraza xa non se volverá a repetir esta tempada ao xogarse a segunda fase baixo o sistema olímpico no que se terán en conta os resultados desta primeira fase.
Por iso, a vitoria estudiantil aínda é máis importante, xa que pese á igualdade de resultados, os lucenses teñen a favor o basketaverage tras impoñerse por tres puntos, 73-70, e perder por dous na ida, 62-60.
Con toda a expectación que rodeaba este encontro, Estudiantes tivo unha brillante posta en escena na que tomou as rendas do encontro cun parcial de 10-0. Pero a reacción visitante non se fixo de esperar, e tras un tempo morto igualaron as forzas para deixar o marcador en 16-14 ao final do primeiro cuarto.
A partir de aí, o intercambio de golpes foi constante, cada un coas súas armas, 17-14 no segundo cuarto para chegar con 33-28 ao descanso e 18-18 no terceiro parcial.
Con cinco puntos por diante chegouse aos últimos dez minutos, nos que Estudiantes abriu unha brecha de 11 puntos. Todo parecía decidido, pero Culleredo sacou a súa casta de campión e nun minuto púxose a tan só dous puntos, 72-70. Estudiantes, na última posesión, a falta de seis segundos, conseguiu sacar unha falta persoal coa que anotou un tiro que vale o seu peso en ouro para asinar o 73-70 final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu