Dobre vitoria ante BBCA en menos dunha semana de Estudiantes

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Enhorabuena por el trabajo diario y la ambición de querer ser mejores jugadoras”

BBCA 49 – ESTUDIANTES 61

Dobre vitoria de Estudiantes nunha semana marcada polos enfrontamentos directos entre as celestes e as ferrolás. O mércores no Anexo as de Fernán Varela impuxéronse por 40 puntos, mentres que en Ferrol, o encontro, malia ser máis igualado, terminou con vitoria lucense.
BBCA tiña ganas de revancha e plasmouno sobre a pista desde os primeiros minutos cun parcial de 11-4. A partir de aí Estudiantes empezou a crecer desde a defensa, facéndose fortes na pintura para dominar o rebote. Deste xeito as lucense, cun parcial de 7-17 no segundo cuarto, chegaron ao descanso con vantaxe, 18-25.
Ao comezo da segunda parte as baixas porcentaxes de acerto, especialmente no tiro libre, evitaron que Estudiantes se fose no marcador, pero a diferenza seguiu ampliándose. BBCA non se deu por vencido e volveu engancharse, pero no último cuarto Estudiantes tirou de intelixencia e controlou os tempos de xogo para alzarse cunha nova vitoria no penúltimo encontro do ano. xa que o xoves despedirán o 2017 ante Vilagarcía.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu