Dobre celebración de Ensino xunto con Ribadeo, Estudiantes e San Ciprián

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

CB VIVEIRO 20 – CB RIBADEO 81

ESTUDIANTES 67 – CB SARRIA 38

SAN CIPRIÁN 33 – T. MARIÑA 29

CELTAS FOZ 28 – ENSINO 02 101

ENSINO 03 91 – TERRA CHÁ 29

 

Ensino está de noraboa por partida dobre. Os dous equipos cadete do club suman dúas vitorias nas dúas primeiras xornadas, as últimas contra Celtas Foz e Terrá Chá con dous marcadores contundente. Iso si, a celebración ten data de caducidade, xa que a vindeira xornada Ensino 02 e Ensino 03 veranse as caras no Anexo.
Á espreita está o Ría de Ribadeo, que tamén suma os seus dous partidos por vitorias. En Viveiro, as ribadenses amosaron os sinais de identidade que definiu ao equipo a pasada temporada, a capacidade para impoñer un alto ritmo de partido e a xerarquía de Sara e Irene, con 15 e 40 puntos, debaixo dos aros. O encontro contra un rival destas condicións chegoulle demasiado axiña a un Viveiro que está na boa liña.
O San Ciprián estreouse na casa cunha vitoria ante Terras da Mariña nun partido de moi baixa anotación, no que o mellor dos dous equipos foi a defensa, Unha tripla de Julia a falta de minuto e medio para o final sentenciou o encontro na Veiga.
O outro triunfo da xornada foi para Estudiantes, que tamén xogou o seu primeiro partido como local. O 24-5 do primeiro período foi demasiado lastre para un CB Sarria que, por momentos, puido impoñer o seu ritmo de xogo, pero ao que lle faltou combustible ante un rival fisicamente superior.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu