Distribuciones Carrerias San Ciprián asaltou o vagón de cabeza na clasificación

En 2ª División, Junior Masculino

Os mariñaos impuxéronse no encontro que tiñan aprazado ante Hierros Ferreiro e, con tres vitorias e unha derrota, igualan con Sarria e Ribadeo no máis alto da táboa

Distribucións Carreiras San Ciprián levouse a vitoria ante Hierros Ferreiro no único partido que había pendente de disputar na Segunda División júnior masculina. Unha vitoria coa que os mariñaos sóbense ao vagón de cabeza, empatados con Sarria e Ribadeo.
Ante Hierros, San Ciprián foi de menos a máis, mantendo durante todo o encontro un bo tono defensivo co único lunar do capitalino Dani, que terminou o encontro con 24 puntos.
Cun só foco de anotación, Hierros non puido competir no marcador, ante un San Ciprián moito máis compacto.
Ao descanso o marcador era de 17-30. Hierros mantivo o pulso no terceiro parcial, 17-17, pero San Ciprián despegou de novo no último cuarto co seu mellor quinteto en pista, 7-13 para saír de Lugo cun 41-60 co que se soben de cheo ao vagón de cabeza.

One commentOn Distribuciones Carrerias San Ciprián asaltou o vagón de cabeza na clasificación

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu