Diferente sorte para Carferlo Viveiro e CB Sarria nesta xornada

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

CARBALLO 34 – VIVEIRO 41

BASQUET CORUÑA 49 – CB SARRIA 48

 

Unha vitoria, a de Viveiro en Carballo, e unha derrota, a de Sarria na Coruña, foron os resultados dos representantes lucenses nesta xornada na Segunda División júnior feminina, na que Porta XI Ensino e Ría de Ribadeo aprazaron os seus encontros.
A Carballo desprazouse o Viveiro con moitas ausencias, pero o conxunto que dirixe Vicente Piñón sobrepúxose a elas cun esforzo titánico das súas xogadoras, que dominaron de principio a fin o encontro.
A presión a toda pista e a boa circulación de balón en ataque propiciou que as mariñás tomasen o mando no marcador desde o inicio, 9-15 ao final do primeiro cuarto. No segundo, a presión sobre as liñas de pase continuou dando os seus froitos á vez que eran superiores nos un para un en ataque. Deste xeito chegouse ao descanso con máis oito para Viveiro, 17-25.
Ao comezo da segunda parte Viveiro recuperou a presión a toda pista, pero o cansazo empezou a pasar factura ao acudir á cita con tan só sete xogadoras e dous delas arrastrando problemas físicos. Pese a iso, mantiveron baixo control ás locais cun parcial de 8-9, mentres que nos últimos dez minutos Carballo, que como Viveiro, non defende en zona, vendeu cara a derrota nun atractivo encontro no que as de Vicente Piñón fixeron un desgaste físico e de ganas moi grande.
Sarria non tivo a sorte de cara na Coruña, onde as de Maísa dominaron a primeira parte con bo xogo, pero na segunda, co paso dos minutos, a defensa herculina creceu á vez que subía o desacerto das sarriás. O colmo da mala sorte chegou no último segundo cunha canastra inverosímil sobre a bucina coa que Basquet Coruña asinou a remontada final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu