Despedida agrodoce para o Ensino pese a facer un bo partido

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Ensino

“Partido completo del equipo en el que peleamos hasta el final ”

LA JUNQUERA 47 – ENSINO 44

O Cafés Candelas Ensino puxo o punto e final á tempada cun partido no que, sobre todo por esforzo, mereceron despedir o curso cunha vitoria.
A evolución ao longo da tempada por parte das de Adrián González foi notoria, e con ela intentarán recuperar un posto na Liga Galega ao comezo do próximo curso.
En Pontevedra, o Ensino quixo crecer desde a defensa, cun primeiro cuarto no que tiveron moita intensidade e actividade atrás, pero no que apenas houbo acerto ofensivo, de aí ao axustado 9-8. Xa no segundo as lucenses intentaron meterlle unha marcha máis ao partido, que propiciou algunha perdida de balón que aproveitaron as locais para irse ao descanso con 25-19 no marcador.
A igualdade foi máxima ao comezo da segunda parte, na que tan só faltou un pouco de acerto para poder remontar un encontro no que Ensino tivo opcións ata os instantes finais.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu