Desconexión no terceiro cuarto

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

O parcial de 30-14 foi demasiado lastre para os estudiantís

A desconexión no terceiro cuarto costoulle a derrota a Estudiantes en Culleredo. O parcial de 30-14 encaixado á volta dos vestiarios desluciu o a boa primeira parte dos lucenses, que xogaron de ti a ti fronte ao líder e conseguiron ir ao descanso tres puntos por riba, 35-38. Nos seus mellores momentos na pista, apertando en defensa e acertados de cara a canastra, Culleredo mantívose no encontro grazas ao seu acerto no tiro exterior.
O paso polos vestiarios non sentou ben aos de Nico, que saíron desconcentrados á pista. A intensa presión dos locais desnivelou o marcador cun 30-14 que poñía o partido costa arriba para os lucenses.
Con todo, a reacción non se fixo agardar e, no último cuarto, recuperaron a súa mellor versión para volver achegarse no marcador, deixando en tres puntos a diferenza final.
O vindeiro rival dos lucenses será Montrove Origen Galicia, que conta cunha vitoria máis que os estudiantís no que vai de competición.

“Demostramos tener personalidad y oficio, pero no fue suficiente” NICO  Estudiantes Lugo

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu