Desconexión do Ensino no terceiro cuarto tras un bo inicio

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Ensino

“Un mal tercer cuarto sentenció nuestro gran esfuerzo en la primera parte”

PELETEIRO 70 – ENSINO 41

Ao Cafés Candelas Ensino se lle atragantou o terceiro cuarto, no que Peleteiro puxo terra polo medio. Nos outros tres, o conxunto lucense competiu de poder a poder.
De inicio Ensino leu moi ben o encontro e levou á práctica o adestrado ao longo da semana, atacando as debilidades do seu rival, controlando o rebote e sen conceder tiros fáciles. Ademais o balance defensivo foi bo e sacáronse vantaxes no ataque estático. Todo iso víase reflectido no marcador no que as compostelás non conseguían despegar, 32-23 ao descanso.
Fixérono na segunda parte, cun parcial de 30-10 en dez minutos de total desconexión parte de un Ensino que, con todo, conseguiu levantar a cabeza e volver competir de poder a poder nos últimos dez minutos, 8-8.
Na próxima xornada o conxunto de Adrián González recibe a Giraldo, que conta cunha vitoria máis que as lucenses na clasificación.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu