A derrota máis intrascendente posible para Estudiantes

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Non foi o noso día. Hai que seguir traballando para mellorar de cara os próximos compromisos”

BASKET FERROL 74 – ESTUDIANTES 64

Estudiantes comprobou en primeira persoa que ningún encontro é fácil na Liga Galega cadete, tras perder na pista do último clasificado. Unha derrota que serve como toque de atención pero que non terá maiores consecuencias de cara á segunda fase ao disputarse en formato olímpico, tendo en conta os resultados cos equipos que se clasifiquen, algo que Ferrol ten imposible.
De inicio as sensacións foron boas por parte de Estudiantes, que defendeu con intensidade sen permitir tiros liberados á vez que a boa circulación de balón en ataque propiciaba un goteo constante de puntos para pechar o primeiro parcial con 14-17.
No segundo cuarto as defensas empezaron a facer augas, especialmente a lucense, que encaixou 22 puntos para chegar ao descanso con máxima igualdade no marcador, 36-37.
No descanso Pablo Abuín incidiu en que o seu equipo lle metese unha marcha máis ao encontro. Os locais aceptaron o reto dun partido de ida e volta e ata sacaron tallada ao aproveitar as perdas de balón de Estudiantes para anotar con facilidade. A intensidade era maior por parte dos locais, que se quedaban cos balóns divididos ata irse no marcador cun terceiro parcial de 24-11.
Estudiantes intentou reaccionar a base de casta e orgullo, pero os erros desde o tiro libre fixeron que o seu baloncesto fose excesivamente precipitado e terminaron cedendo tras un último parcial de 14-16 ante un Básquet Ferrol que se foi ata os 10 triplos ao longo do encontro cos que fixeron imposible a remontada lucense.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu