Derrota ante o líder de Estudiantes cadete masculino

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Tenemos que salir mucho más concentrados en este tipo de partidos”

TUI 64 – ESTUDIANTES 53

Tui, único equipo que se mantén invicto esta tempada na Liga Galega cadete, impúxose a Estudiantes nun partido marcado pola posta en escena.
Os locais tomaron vantaxe cun primeiro parcial de 16-6 marcado pola mala toma de decisións en ataque, e malia que Estudiantes estivo ben en defensa, o líder castigou aos celestes co rebote ofensivo.
No segundo parcial os de Pablo Abuín subiron as liñas de presión e empezaron a anotar con máis fluidez en contragolpes, 14-14 no segundo cuarto para chegar con 30-20.
Estudiantes meteuse no partido na segunda parte recortando distancias, nun terceiro parcial no que encaixaron catro puntos na recta final e a diferenza quedouse en oito de cara aos dez últimos minutos, nos que os lucenses buscaron a remontada pero acusaron o remar contracorrente todo o partido ante un Tui que gañou por unha renda excesiva.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu