Derbi celeste no sprint final

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino, Principal

estudiantes descolgou ao ensino no último parcial, 2-19, tras un derbi disputado de poder a poder na primeira media hora. Primeira derrota de Burela e Sarria segue cotizando á alza

ENSINO-ESTUDIANTES
Estudiantes impúxose no derbi capitalino ao Ensino nun encontro marcado polo avultado resultado final polos últimos dez minutos de xogo, nos que os celestes despegaron no marcador cun parcial de 2-19.
Ata entón, Ensino dominou nunha espectacular posta en escena dos dous equipos, cunha oda ao baloncesto de ataque que rematou cun parcial inicial de 30-23.
A partir de aí, máxima igualdade co segundo e terceiro parcial marcado pola igualdade e con alternancias de dominio no marcador por ambos equipos pero con diferenzas curtas no marcador, chegando aos últimos dez minutos con 53-55 no electrónico.
No desenlace final, Estudiantes tomou a iniciativa nos primeiros minutos e sacou do partido a un Ensino que non puido volver tomarlle o pulso ao encontro.

BURELA Frigomar Burela sufriu a primeira derrota da tempada nun encontro marcado polas numerosas ausencias coas que afrontaron os mariñaos o encontro en Narón, onde mantiveron o pulso mentres tiveron forzas. Na recta final do terceiro cuarto e no último, Narón desnivelou o marcador.
Na próxima xornada Alberto Méndez agarda recuperar efectivos para ser máis competitivos e incluso poder recuperar o average particular.

CB SARRIA
O Cristo Galicia segue cotizando á alza co paso das xornadas na Liga Galega preinfantil, onde os de Rubén Pernas asinaron unha nova vitoria tras impoñerse a Costa Ártabra en Novo Chanto.
Un encontro no que os sarriaos foron de menos a mái, encaixando un avultado parcial de saída, pero tras un tempo morto solicitado por Rubén Pernas, Sarria deulle un xiro radical ao encontro ao incrementar a intensidade defensiva e ter moita máis claridade de ideas en ataque.
Malía iso, o primeiro parcial pechouse con 9-24.
Xa no segundo, continuou a dinámica ascendente cun esforzo brutal de todos os xogadores e, con rotacións de moita calidade, Sarria devolveu o parcial cun 23-5.
Xa por diante no electrónico na segunda metade, Sarria sempre tivo boa predisposición e sobre todo tranquilidade para buscar bos tiros e boas transicións coas que puxeron fin á resistencia ferrolá en Novo Chanto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu