Demasiados factores en contra para CB Ribadeo

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

JOSE VÁZQUEZ – CB Ribadeo

“Sólo pido a mis jugadoras que olviden muy pronto esta fase y vuelvan a disfrutar de este deporte que tanto amamos”

STAR CENTER 76 – CB RIBADEO 55

O conxunto de Jose Vázquez perdeu o domingo o partido da segunda volta ante Star Center Ferrol, logo de gañar en Ribadeo o día anterior o encontro de ida -que fóra suspendido no seu momento mediado o segundo cuarto- por 62-60,
O cansazo acumulado das ribadenses foise notando co paso dos minutos, á vez que as decisións dos colexiados tampouco axudaron a xestionar os últimos dous cuartos, aos que o CB Ribadeo chegou con opcións de loitar polo partido, so dez puntos abaixo, 43-33.
Tras unha primeira parte na que se viu unha boa posta en escena das mariñás, na segunda a permisividade arbitral, a acumulación de faltas e o esgotamento provocaron que Star Center fóra ampliando a renda ata o 76-55 final.
A vindeira fin de semana o CB Ribadeo despide a tempada na casa ante Pontumio.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu