Demasiados altibaixos no xogo de Maristas

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

Maristas deixou, por momentos, boas sensacións na pista dun dos aspirantes a alzarse co título neste grupo. Os de Rubén Engroba acusaron picos de irregularidade que ante equipos e en pistas como estasç son un lastre demasiado grande para poder chegar con opcións de vitoria á recta final do encontro.
As boas sensacións foron a tónica dos primeiros minutos nos que as forzas estiveron igualadas. Maristas estivo correcto atrás e en ataque, aínda que algunha precipitación nas transicións propiciou que Montrove tomase unha lixeira vantaxe, 12-9 no primeiro parcial.
No segundo as perdas de balón foron un lastre demasiado grande para Maristas, xa que Montrove atopou vías para anotar sen apenas oposición en rápidas transicións, levando o marcador ata 39-25 co que se chegou ao descanso.
Montrove viu debilidade en Maristas e foi facer sangue. Presionou arriba a saída de balón e os lucenses víronse superados cun terceiro parcial en contra de 28-8 que deixaba o encontro sentenciado. Sen a presión do marcador, Maristas deu un paso á fronte nos últimos dez minutos nos que superou a todo un Montrove na súa pista con claridade para maquillar o resultado final cun parcial de 14-23 que deixou a diferenza en 25 puntos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu