Demasiados altibaixos de Maristas no encontro ante Basket School

En 1ª División, Alevín

ÓSCAR ENGROBA – Maristas

“A pesar de la derrota seguimos primeros de grupo, pero tenemos que mejorar”

MARISTAS 61 – BASKET SCHOOL 65

Maristas aprazou o título da segunda fase tras perder ante Basket School no Anexo, onde os de Óscar Engroba dispoñían da súa primeira bala para confirmar o primeiro posto. Agora buscarano na última xornada, á que chegan dependendo deles mesmos.
O partido estivo marcado pola igualdade, como se esperaba, pero as lagoas no segundo e cuarto periodo foron determinantes. Á marxe, unha nova actuación espectacular de Julian, que anotou 15 puntos no terceiro sexto para volver meter ao seu equipo no partido e terminar con 30.
A emoción, ademais de polo partido, estivo na diferenza final, xa que tras perder por menos de 5 puntos, Maristas depende de si mesmo na última xornada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu